Alvares courelás
Introdución
Ante o lixeiro aumento da poboación de osos na Cordilleira Cantábrica, estes
comezan a expandirse por as montañas orientais galegas. Debido a súa ausencia durante
anos, os danos que producen os osos nas colmeas son novos incluso para as xeracións
máis vellas, nas que os alvares son restos etnográficos dunha historia que semella non ser
nosa.
Os alvares (noutros sitios de Galicia chamanse alvarizas ou cortíns) son construcións
de pedra e xeralmente de forma circular que servían para protexer as colmeas ou trobos
dos grandes mamíferos, como os osos.
Dende hai tempo, pola extinción dos osos en Galicia (pola caza e a alteración do
hábitat) deixaron de usarse, xa que perderon a súa utilidade.
Algúns alvares están localizados grazas ao uso de fotografías aéreas, pero moitos
están ocultos por a maleza.